![]() |
BenvidaDende a integración do PNG-PG no BNG, asumimos un compromiso máis coa nosa Nación galega, a través da participación no único espazo político viábel do nacionalismo desde a liña da unidade de acción. O PNG-PG, herdeiro da tradición histórica galeguista, ve con ledicia como eses ideais, defendidos no seu día polos Castelao, Bóveda, Otero Pedraio, Plácido Castro, Manuel Beiras e outros moitos compatriotas, prenden e agroman nunha sociedade que recolle o facho do nacionalismo para transmitilo ao futuro. Así, esta nova xeira que no PNG-PG emprendimos coa celebración dos VI e VII Congresos Nacionais, atopa un eco vitalmente ilusionado que enche de esperanza todo o Pais. Os afiliados e as afiliadas do PNG-PG soubemos entender perfectamente e facer próprio o compromiso que o noso partido adquiríu coa sociedade galega: o compromiso de recoller as inquedanzas e esperanzas de toda a sociedade e arrequecer con elas o tesouro do galeguismo e o nacionalismo galego, facendo que todas as sensibilidades, dos que con honradez aman a Galiza, podan sentirse representadas. Porén, o PNG-PG representa a sávia nova con que o BNG se afortala e medra dia a dia dende a pluralidade e o dinamismo. Doutra banda, o entusiasmo con que participamos no grande proxecto político e humano que é o nacionalismo galego contrasta coas actitudes derrotistas e entreguistas dos que se rinden ante a ofensiva política e mediática cada vez máis feroz do pensamento único e a España uniforme. Así, dende o PNG-PG poñemos en valor, coma galeguistas e liberais sociais, un ímpetu pacífico, respectuoso e tolerante que ofrendamos aos nosos coetáneos desde o máis verdadeiro de nós, para pular por un presente e un futuro mellor para a nosa Galiza e as súas xentes. Saúde e Terra.
|
Copyright © 2000 PNG-PG. Tódolos dereitos reservados |