![]() |
![]() Proxectos de futuroApós a celebración en Ourense do VIII Congreso Nacional "Facendo un País para tod@s". o pasado 25 de setembro, o PNG-PG está dotado dos elementos xurídicos e as persoas con vontade de traballo e capacidade política que poden continuar coa tarefa de levar a cabo os obxectivos marcados. Partimos da realidade de que o PNG-PG conta con tres puntos fortes: A Coruña, Ourense e Vigo. Neses tres lugares seguiremos a traballar para o crecemento do PNG-PG. Tamén temos o oxectivo de paliar os déficit de implantación que temos nalgunhas comarcas e na provincia de Lugo. Ao tempo, pretendemos traballar políticamente coma partido soberano incrementando a nosa presenza específica na sociedade, nomeadamente a través dos medios de comunicación social e das actividades que se organizarán. |
Copyright © 2000 PNG-PG. Tódolos dereitos reservados |